Aviso

El acceso á Biblioteca do CEDISS está permitido exclusivamente ao persoal investigador e realízase mediante solicitude previa por correo electrónico (cediss@mites.gob.es), cunha antelación mínima de cinco días.

Centro Estatal de Documentación e Información de Servizos Sociais (CEDISS)

O Centro Estatal de Documentación e Información de Servizos Sociais (CEDISS), creado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social no ano 1985 (R.D. 530/1985) é unha unidade funcional do actual Ministerio de Traballo e Economía Social e depende orgánicamente da Subdirección Xeral de Informes, Recursos e Publicaciones (Secretaría Xeral Técnica).

Dispone dunha biblioteca especializada en recursos e servizos sociais e outras materias afíns (xurídicas, económicas, sociolóxicas, históricas).

Centro Estatal de Documentación e Información de Servicios Sociales (CEDISS)

Rúa Hortas, 73 (Planta -2) – 28014 Madrid

Teléfono: 91 3633604

Fax: 91 3633654

E-mail: cediss@mites.gob.es


COLECCIÓN

Sus fondos están constituídos por preto de 42000 monografías, 925 títulos de revistas, lexislación social, documentos de literatura gris e numerosas obras de referencia. O fondo está especializado en servizos sociais, infancia, inmigración, mulleres, violencia de xénero, educación, integración, minorías, terceira idade, etc.

Desde outubro de 2005 integra a colección da biblioteca do desaparecido Centro de Estudos do Menor.

SERVIZOS

Está ao servizo de todos os integrantes do Departamento, proporcionándolles o acceso á información e documentación sobre materias de protección social e migracións, así como outras materias de carácter transversal que gardan relación coas áreas de competencias do Departamento (igualdade, servizos sociais, políticas de integración, etc.).

También está a disposición de especialistas, investigadores, outras administracións, ONG's e persoas interesadas que desexen facer uso das súas instalacións e fontes de información.

INFORMACIÓN e REFERENCIA

Proporciónase información bibliográfica e lexislativa mediante a consulta ás súas propias bases de datos, obras de referencia, repertorios lexislativos, CD-ROM, bibliografías, boletíns de sumarios, catálogos especializados... Os pedimentos de información poden realizarse persoalmente, por correo, correo electrónico ou teléfono.

PRÉSTAMO

O persoal do Departamento pode solicitar en préstamo os libros e outros documentos durante un mes. Por razóns de conservación non se poden prestar os fascículos das revistas, podéndose obter unha fotocopia dos seus artigos, de acordo con a normativa vixente (Lei da Propiedade Intelectual).

No existe servizo de préstamo para os usuarios alleos ao Departamento, no seu lugar poden consultar na sala de lectura todos os fondos bibliográficos.

DIFUSIÓN

O CEDISS realiza un boletín informativo que recolle un dossier temático realizado cunha selección bibliográfica de documentos de recente publicación de calquera tipo, integrados no catálogo do CEDISS sobre un tema de actualidade, e as novidades bibliográficas que se incorporan ao catálogo.

Ata 2020 realizouse unha selección da normativa estatal, autonómica e comunitaria en materia de acción social e servizos sociais que se pode consultar na base de datos LEX e nos boletíns lexislativos que se elaboraron.


LIGAZÓNS DE INTERESE


- Selección de revistas en liña que conteñen información, estudos e análises sobre asuntos sociais e temas afíns. Todas elas a texto completo e de libre acceso.

- Selección de recursos en Internet sobre os ámbitos temáticos da Biblioteca do CEDISS.